Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

miércoles, 22 de diciembre de 2010

INTERCAMBIANDO FELICITACIÓNS COA ARMENTEIRA

Nestas datas de Nadal os alumnos de 2º, 4º e 6º de Primaria quixeron felicitarlles as festas aos seus amigos do CEIP Armenteira dun xeito diferente.

En cada curso prepararon unhas cartas moi especiais que lles mandaron cuns formatos navideños que queremos que vexades.

Pinchade en cada un dos debuxos para poder velas.


---Alumnos de 2º------------Alumnos de 4º-------------Alumnos de 6º

viernes, 5 de noviembre de 2010

SAMAÍN 2010

A palabra Samaín significa fin do verán, principio do inverno.
Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os antigos moradores dos castros reuníanse no camposanto. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo ábrense e as ánimas defuntas volven ao noso mundo para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros ás perigosas ánimas adoitaban colocar en lugares ven visibles as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, ven a nosa tradición de facer caliveras na cortiza dos melóns, cabazos, calacús, calabazotes, colondros...
No CEIP San Martiño non queremos que se perda esta antiga tradición e cada ano celebramos o Samaín con diferentes actividades: lectura e representación dun conto, valeirado e tallado de cabazas... Aquí tedes unha mostra fotográfica do noso Samaín.




miércoles, 27 de octubre de 2010

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da celebracion do Día Internacional das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), na clase de plástica, as nenas e nenos de 2º curso fixemos estes marcapáxinas con rotuladores de cores, empregando a técnica dos puntiños ou das raias.

Pasámolo moi ben facéndoos!!!

Logo empregarémolos para sinalar nos libros onde imos lendo.


Os orixinais pódense ver na porta da nosa clase, pero a nosa mestra sacoulles unhas fotos para que os puidésedes ollar dende a casa.

Esperamos que vos gusten.

viernes, 22 de octubre de 2010

OBRADOIRO FOTOPERIODISTA
No CEIP San Martiño empezamos o curso con visitas didácticas, o que é a nosa metodoloxía habitual de traballo do profesorado e que nos serve de motivación e de aprendizaxe.
O martes 19 de outubro o alumnado de 5º e 6º fomos a un obradoiro de foto periodismo a Caixa Galicia .
Primeiro vimos un vídeo no que aparecía un foto periodista sacando fotos a unha casa incendiada, iso quere dicir, que os foto periodistas corren moitos riscos cando sacan a foto porque teñen que estar moi cerca do suceso.
Aprendemos que a profesión de foto periodista naceu na guerra. Un dos foto periodistas máis importantes do século XX foi Robet Capa que dicía: “Se as túas fotografías non son o suficiente boas é porque non están o suficientemente cerca”. É difícil e perigoso ser foto periodista porque hai que sacar as fotos dende moi cerca e no momento xusto.
Despois pasamos a ver a exposición de fotos ao primeiro andar onde nos explicaron que hai varios tipos de fotografías:
-A que fai o foto periodista: na que se ven imaxes do que pasou realmente.
-Foto ilustración: que complementa a explicación dun texto.
-Fotografía artística: na que se da a sensación de movemento ou o que queira o fotógrafo
-Fotografía de crítica social: que nos mostra imaxes tristes ou pobres onde vemos que non todas as persoas teñen suficientes cousas para vivir.
Todos estes tipos de fotos vímolas na exposición e nolas amosou unha monitora chamada Ana que tamén nos ensinou un periódico moi antigo, todos pensamos que era moi aburrido porque non tiña fotos. Ela díxonos que as fotografías poden expresar moitas cousas.
Había fotos da folga do metal de Vigo, unha das que máis nos gustou foi a da torre de Hércules con raios no ceo que foi sacada no momento preciso.
Por último fixemos un taller de foto periodistas intrépidos que consistía en poñernos en grupos e facer o noso propio xornal ao que lle engadimos unha foto que nos sacou a nosa monitora Ana.
Foi unha saída moi interesante e divertida.

Alumnado de 5ºcurso.

domingo, 17 de octubre de 2010

Xa chega o Samaín!

Dende o blog da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos chegan esta morea de recursos para celebrar o Samaín.

Hai de todo: cancións, videos, xogos, libros...Vai ser un Samaín... de medo!

Pincha na imaxe ou aquí e poderás coñecelos. Graciñas e ánimos dende Salcedoteca.

viernes, 2 de julio de 2010

TABALLOS DE EXPRESIÓN ORAL FEITOS POLO ALUMNADO DE 6º APOIANDOSE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O alumnado de 6º ao longo do curso fixeron varias exposicións ao resto da clase sobre un tema que eles elexían para traballar a expresión oral como por exemplo: o lobo, os tigres, béisbol e, moitos máis que resultaron moi interesantes. Podedes ver esta mostra.

lunes, 28 de junio de 2010

HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Agora que xa comenzamos as vacacións é interesante ir á praia e disfrutar, pero tamén... Podemos refrescar a memoria con este interesante libro de Pepe Carreiro sobre a historia da lingua galega. Mergullade no pasado e presente da nosa fala.


viernes, 18 de junio de 2010

AGORA TOCOUNOS A NÓS IR Á ARMENTEIRA


O día 14 de xuño o alumnado dos cursos de 1º, 3ºe 5ºde Primaria do CEIP San Martiño, visitamos o colexio da Armenteira, con motivo do intercambio cultural que estamos tendo estes dous Centros de medios naturais tan diferentes: rural a Armenteira e urbano San Martiño.
Cando chegamos, os da Armenteira esperáronnos agachados para darnos unha sorpresa e recibíronnos moi ben.
Moi pronto marchamos a facer a Ruta da Pedra e da Auga, foi unha longa camiñada pola beira dun río con moitas rochas que, a veces, facían pequenas fervenzas, estaba rodeado de moita vexetación, tamén había moitos muíños. As profesoras da Armenteira facían de guías e axudábannos a pasar polos lugares máis difíciles. Algúns de quinto tamén lle axudamos aos de primeiro. Cansámonos un pouco pero mereceu a pena, ao remate da ruta, está a Aldea Labrega, que ten varias estatuas de pedra, foi onde merendamos. Un pouco máis adiante, había un parque con bambáns onde xogamos e rimos moito. Alí as mestras da Armenteira repartiron “chocolatinas” e zumes para todos. Que ricas que estaban! Logo o autobús levounos de volta a Armenteira para ver o colexio por dentro, que é moi bonito e teñen as paredes cubertas duns murais preciosos, por último xogamos un pouco no patio e xa nos foi hora de volver para o noso colexio en Salcedo.
Foi unha experiencia xenial.
Mirade as fotos que fixemos.

sábado, 22 de mayo de 2010

INTERCAMBIO CO CEIP DA ARMENTEIRA
O venres, 21 recibimos no centro aos alumn@s e profesoras do CEIP Armenteira co motivo do Programa de Intercambio cultural que se leva organizando dende o curso pasado por parte dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos dous centros.
Para tal evento preparamos un programa de actividades encamiñadas a que ambas comunidades educativas puidesen coñecerse mellor e compartir experiencias xuntas.
En primeiro lugar, o noso alumnado quixo ofrecerlles un recibimento especial, presentando un pequeno número de maxia, co que aprenderan estes día pasados nos Obradoiros. A continuación disfrutaron de xogos para a convivencia no patio do centro e máis tarde presenciaron todos xuntos a actuación do Mago da Boina e Granpedrini que pecharon a semana dos "Obradoiros de Maxia", que se organizaran no centro.
Finalmente e como despedida, houbo unha pequena "grande merendola" de fraternidade entre os dous centros.
Para dar remate a este intercambio, o CEIP San Martiño ten pensado visitar ao CEIP Armenteira o próximo 11 de xuño.
Aquí quedan estas imaxes para o recordo de tod@s.

sábado, 15 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS, 2010
O Courel, terra natal de Uxío Novoneyra, foi este ano o escenario elexido polo CEIP San Martiño para amosar as nosas manisfestacións artísticas, os nosos traballos escolares, realizados para render homenaxe ao "ilustre" ao que este ano se lle adica este día especial para todos os galegos de pro.
Aquí deixamos estas imaxes do acto que celebramos esta mañá, facendo un pequeno recitado de poemas e o relato dunha adaptación dun dos seu contos, que fixeron os compañeiros co CEIP Frian de Teis, aos cales lles damos as grazas por compartir coas demais Bibliotecas os seus materiais.

viernes, 14 de mayo de 2010

CORRELINGUA 2010

Hoxe, 11 de maio, encolaboración con diferentres entidades que traballan en prol da lingua galega como son a Asociación Socio-Pedagóxica galega, a Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, o concello de Pontevedra, e outros, celebramos o Correlingua 2010, marcha pola cidade de Pontevedra que remata cun manifesto conxunto de todos os participantes en apoio da nosa lingua.






viernes, 7 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010, ANO DE UXÍO NOVONEYRA


Este ano imos celebrar o 2010 facendo unha parada especial na figura sobranceira de Uxío Novoneyra . Contan os que o coñeceron que tiña moita luz co seu pelo branco cheo de sabedoría amable. Era un gran "dicidor de poesía". Din que nos seus recitais as pombas voaban libres polo aire e a vida resultaba menos pobre, máis xusta.

Desde o CEIP San Martiño queremos dar as grazas a todos e todas os que, como Uxío Novoneyra, converten coas súa palabra a nosa lingua en arte.


martes, 2 de marzo de 2010

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO XI SALÓN DO LIBRO

O pasado martes 23 de febreiro tocounos aos de 6º visitar o Salón do libro de Pontevedra, que desta vez trata da cidade. Nós, como xa somos maiores, non fomos aos contacontos, tocounos ir a un obradoiro de regueifas e de rap: Cun rapeiro aprendemos a rapear un pouco, díxonos que o rap non é só música senón unha cultura, que empezou nos Estados Unidos en grupos afroamericanos que contaban os seus problemas utilizando esta música. O rap é un tipo de canto e baile con moito rimo. O rapeiro fíxonos unha demostración de como se facía, utilizou un casete cun rimo de batería moi forte ,díxonos que había que encontrar o pulso para cantar, e fixemos e cantamos este rap:

Non me gusta o cole
porque hai moitos deberes,
eu quero que mole
con moi bos profesores.

Despois un regueifeiro chamado Luís dos Carunchos explicounos moi ben o que son as regueifas: a súa historia, como ten que ser a rima , os versos ...pero se aprendes esta cantinela xa che sae soa .

TARA RIRO RIRO RIRO
TARA RIRO RIRO RARO

E entre todos fixemos varias regueifas, a última di así:

Vimos ao Salón do libro
e pasámolo moi ben
que pena que xa marchemos
deica logo e parabéns.
Deica logo e parabéns
pero pronto votaremos,
será o ano que ven
no instituto xa estaremos.

Cando saiamos entrevistounos a TVE de Galicia e entre todos cantámoslle a regueifa que fixeramos.
Por ultimo, pasamos a ver as exposicións dos libros e dos decorados paramos nunha sala que parecía un sumidoiro, alí, o noso compañeiro Brais contounos un pouco dun conto que xa contara outro día para pequenos.Logo vimos a exposición do escritor Agustín Fernández Paz.
Pasámolo xenial.



lunes, 22 de febrero de 2010

ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) está formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais do ensino que levamos anos traballando a prol do galego; persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o Estatuto de autonomía.
Actualmente está a levar adiante unha campaña de respecto e sensibilización hacia a lingua galega e nela participan personaxes públicos coñecidos como Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro...
Podemos ver parte desta campaña no seguinte vídeo:

viernes, 19 de febrero de 2010

ENTROIDO GASTROMICO

Este venres, 19 celebramos a festa gastronómica do Entroido 2010.

Non faltou de nada: orellas, filloas, chulas, pasteis variados...

Os disfraces, os xogos, as risas, a comida tan rica! ... todo fixo que disfrutasemos de momentos moi bonitos.

Queremos agradecer dende aquí o interese e a amabilidade que tiveron todas as familias, que coa súa colaboración conseguiron que este día fose un éxito.

Ao rematar a festa, todos os doces que sobraron enviámolos ao Comedor dos Pobres (San Francisco) para que os máis necesitados puidesen tamén difrutar do entroido.

Unha vez máis grazas a tod@s pola vosa cooperación e xenerosidade!

E aquí deixamos, coma sempre a reportaxe gráfica para o voso recordo:

martes, 12 de enero de 2010

GALICIA ENCANTADA

Galicia Encantada é unha web que recopila a fantasía popular de Galicia e recorre "a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo na nosa memoria colectiva.
Podemos entrar neste mundo encantado de fantasía para coñeder máis da nosas tradicións populares e incluso podemos tamén participar remitindo á mesma aquelas historias, contos, lendas... que coñecemos de sempre e que queremos compartir cos demais.
Anímate a entrar, pincha nesta imaxe: