Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

lunes, 13 de mayo de 2013

TELEXORNAL SOBRE A VIDA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE  ANO  DEDICADO   A  ROBERTO  VIDAL  BOLAÑO

          Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. No ano 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas. 

           Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Bos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens.Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958.

             Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo).

              Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.

                  En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.

                 A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Tal vez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da poeta galega máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Ramón María del Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra. As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.

Teatro:
   
Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) ISBN 978-84-85170-16-6.[4]

Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) ISBN 84-86021-97-9.

Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) ISBN 978-84-85553-97-6.[5]

Cochos (1992, Sotelo Blanco) ISBN 978-84-7824-071-5.[6]

Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) ISBN 978-84-86040-63-5.

Saxo tenor (1993, Xerais) ISBN 978-84-7507-715-4.[7]

Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG) ISBN 84-921126-0-3.

Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).

A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais) ISBN 84-8302-277-X.

Rastros (1998, Positivas) ISBN 978-84-87783-50-0.[8]

—Vidal Bolaño, Perspectivas do teatro galego actual (2002).

O día que os chífanos deixaron de zoar.

Criaturas (2000, Teatro do Noroeste) [9]

A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-2735-7.[10]

Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3079-1.

Integral (2003, Embora) ISBN 978-84-95460-23-3.

As actas escuras (2005).[11][12]

Ensaio:

 Perspectivas do teatro galego actual (2002).[13]

Colectivas:

O circo de medianoite; Maremia; Actas escuras, con M. Lourenzo e E. Ruibal (1998) ISBN 84-89679-50-9.

Daquel abrente, con Francisco Taxes (2003, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3503-1.

Animaliños, con Luís Alonso Girgado (2003, Follas Novas) ISBN 978-84-85385-77-5.


Premios e recoñecementos :

Placa de rúa adicada en Santiago.

Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.

O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón.

Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).

O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.

Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.

Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premio Álvaro Cunqueiro.

Premio Xacobeo (1992).

Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.

Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[14]
  Rolda de prensa na RAG

Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os motivos.

Premio Eixo Atlántico.

Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[15]

Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).

Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.

A sala de teatro da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome.

Día das Letras Galegas 2013.