Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

jueves, 3 de diciembre de 2015

MONTSE FAJARDO VISITA O CLUB DE LECTURA

 O pasado Martes visitou o centro Motse Fajardo, acompañada de Luis Bará Concelleiro de Patrimonio e impulsor do proxecto " A Memoria das Mulleres", no cal colabora o noso centro; para conversar en torno o libro Un Cesto de Mazás, un libro que nos encheu de bágoas e de gañas de seguir coñecendo máis historias.



















UN CESTO DE MAZÁS

No mes de Novembro o Club de lectura dedicado a Montse Fajardo:


 No seguinte enlace podemos coñecer máis datos sobre o libro:

viernes, 13 de noviembre de 2015

CAMILO JOSÉ CELA

  Este primeiro trimestre o Ceip San Martiño presenta  unha magnifica exposición  do Premio Nobel  Camilo José Cela ,repartida en dous espazos a planta baixa e a biblioteca. Na exposición destacamos a súa vida familiar, literaria mostrando un libro que recolle os coñecementos que o noso alumnado ten sobre o célebre escritro e obxectos, documentos, fotografías e libros, nos que destaca un volume da obra A Familia de Pascual Duarte en xaponés, as súas gafas, unha replica do Premio Nobel de Literatura e as medallas conmemorativos, unha replica do seu caderno persoal  de notas, un marca páxinas diseñado por Pablo Picasso...,  prestados para esta exposición pola Fundación Camilo José Cela.


Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
















A VÍA LACTEA

 Fermosísimos os traballos de  3ª de Educación Primaria sobre a Vía Lactea.









MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA

 A nova novela dantesca de Pedro Feijóo número un  da lista de libros máis vendidos en galego.

 Parabens!! Pedro.
























































viernes, 6 de noviembre de 2015

PEDRO FEIJÓO

 O pasado Xoves 30 de Outubro visitou o Club de Lectura do San Martiño o escritor vigués Pedro Feijóo para conversar con nos sobre a súa novela a "Memoria da Choiva" e presentar a súa nova novela dantesca "Morena , Perigosa e Románica".






martes, 23 de junio de 2015

ROTEIRO PADRÓN


     Os lectores e lectoras que formamos o Club de Lectura do Ceip San Martiño estivemos de roteiro por Padrón, descubrindo os lugares emblemáticos do libro "A Memoria da Choiva" de Pedro Feijoo, que visitará o centro no mes de Outubro.
    Fixemos unha visita guiada a Fundación Camilo Jose Cela e a Casa da Matanza donde vivíu os últimos anos a nosa poetísa máis querida Rosalía de Castro, paseamos polo Xardín Botánico  e pola riveira do Sar  e por último fomos probar uns pementiños de Padrón que como di o refrán uns pican e outros non.