Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

miércoles, 27 de mayo de 2015

Correspondencia co CPI O TOURAL

Os nenos e nenas de 5ª e 6ª  de Educación Primaria manteñen correspondencia cos nenos e nenas dos mesmos cursos do CPI  O Toural. Encantados  coas  novas!!!













viernes, 22 de mayo de 2015

CORRELINGUA




      O venres, 15 de maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa excursión favorita, despois da de fin de curso.

Os autobuses chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería, todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego! Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran, souberan que aquí falamos galego.


NOTICIAS  CORRELINGUA: Neste enlace podese ver máis información e fotografías do correlingua



MERLOS

Co motivo da celebración da Semana das Letras Galegas, este xoves, día 14 de maio contaremos no centro coa compañía teatral de Miro Magariños, actor galego moi coñecido polas súas intervencións en varias series da TVG.
Poñerá en escena para todo o alumnado unha obra que leva por título MERLOS, e que se representará no noso salón de actos.






martes, 12 de mayo de 2015

PEDRO FEIJOO

 O noso escritor e músico do mes é Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975.

Resultado de imagen de pedro feijoo         
   Filólogo de formación, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011, a memoria da choiva, 2013, Xerais.



A MEMORIA DA CHOIVA

   Maio o mes das frores, da lingua,  dos cantares, das Letras Galegas, de Rosalía e no club de lectura:




Próxima  conversa sobre o libro o 2 de Xuño, as 18:30h, na biblioteca do centro

ANIMACIÓN LECTORA

 O venres 8 de Maio o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron dunha sesión de contacontos con Paula Carballeira.




MAIO MES DA LINGUA

     O pasado xoves dentro do programa "Maio mes da lingua" os nenos e nenas de Educación Primaria desfrutaron do obradoiro Lingua Forza 3 unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia. habilidades e velocidade física, mental e lingüística.






miércoles, 6 de mayo de 2015

A NAI DA MIÑA NAI

  O  pasado 30 de Abril o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria disfrutaron dunha divertida sesión de contacontos; " A nai da miña nai".







martes, 5 de mayo de 2015

XOSÉ MARÍA FILGUEIRA VALVERDE



    Este  ano o día das Letras Galegas está dedicado o pontevedrés Xosé María Filgueira Valverde,nos seguintes enlaces podedes atopar recursos para traballar na aula relacionados co autor:

- Galipedia

- Xunta de Galicia

- Seminario Galán

lunes, 4 de mayo de 2015

VISITA A EXPOSICIÓN " DO GRIS AO VIOLETA"

  Os alumnos e alumnas de quinto curso do CEIP  visitaron a mañá , do xoves 30 de Abril, a exposición ‘Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra’. Nun dinámico percorrido ofrecido por María Xesús López Escudeiro e Montse Fajardo, e acompañados polos seus profesores Diego Fariña e Carmen Sieiro, os rapaces e rapazas coñeceron de preto as vidas daquelas figuras emblemáticas do sexo feminino da comarca.

Durante a visita, os estudantes tamén conversaron con outros cidadáns que pasaban nese momento pola Praza de Ourense e que aportaron o seu gran de área aos contidos dos paneis expostos, como o pontevedrés José Benjamín Blanco González, que lembrou anécdotas de Dolores Calviño, a ‘señora Lola’, gran seguidora do Pontevedra C.F.

A mostra aínda permanecerá todo o mes de maio en plena rúa.




CANTIGAS

 Unhas  fermosas cantigas recopiladas polo equipo de EDLG coa colaboración dalgunhas familias do noso alumnado.




CANCIÓN DEDICADA ÁS MULLERES

 O alumnado de 5º de Educación Primaria compuxo e interpreta unha canción dedicada a todas as mulleres.