Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

22 maio 2015

CORRELINGUA




      O venres, 15 de maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa excursión favorita, despois da de fin de curso.

Os autobuses chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería, todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego! Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran, souberan que aquí falamos galego.


NOTICIAS  CORRELINGUA: Neste enlace podese ver máis información e fotografías do correlingua



Ningún comentario: